Tag Archives: bibliotecas municipais da Coruña

Lecturas compartidas para tiempos de crisis

16 Mar

Parece que nos espera una temporada con poca actividad social, tiempo para estar en casa y  hacer aquellas cosas que siempre dejamos pendientes, como la lectura.

Es un buen momento para leer. El Club Virtual de Lectura de las Bibliotecas Muncipales de A Coruña quiere sumarse a la campaña Quédate en casa y «#quedanacasaele» como alternativa de ocio cultural a todos los lectores y lectoras que quieran seguir con sus lecturas desde casa.

Este club tiene más de 10 años de andadura y muchos libros reseñados y comentados por todos vosotros.

Así que hacemos un llamamiento para todos aquellos lectores y lectoras que no pertenezcan a este club y que quieran leer algunas de las lecturas ya reseñadas y hacer sus propios comentarios, ¡¡pueden hacerlo a partir de hoy!!!

Se han habilitado los post para que podáis hacer comentarios, solo necesitáis registrar vuestro correo electrónico y listo.

Os animo a tod@s a participar. En estos momentos de soledad, la lectura nos puede unir a todos.

En nuestro club estamos empezando a leer: «Formas de estar lejos» de Edurne Portela.

Y también os dejo otros ejemplos de libros comentados:

Y muchos más que encontraréis en un listado en la parte derecha de esta página. ¡¡¡¡¡Animaros!!!!!

«Entra, la puerta está abierta para participar, leer, descubrir y pasar un buen rato juntos y juntas.»

Nos leemos,

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

16 May

1366785772939_175_148_A_defaf708dec9d6262965754b2aa65As Bibliotecas Municipais celebramos o Día das Letras Galegas 2013 con programación en cada unha nosas bibliotecas para homenaxear a Roberto Vidal Bolaño.

Selección de obras de Roberto Vidal Bolaño
Ao longo do mes de maio as nosas bibliotecas contarán cunha selección e exposición de material bibliográfico e audiovisual relacionado co dramaturgo Vidal Bolaño: a súa vida e a súa obra.
Como seleccións complementarias: o teatro galego e as obras máis representativas, autores homenaxeados en anos anteriores e unha mostra de obras de teatro infantil na Biblioteca Infantil e Xuvenil.
Todo iso para mirar na biblioteca ou levalo en préstamo.

Sorteo de lote de libros
A Biblioteca Forum Metropolitano sorteará entre os usuarios e usuarias un lote de libros en galego.

Para participar:

  • Do 3 ao 20 de maio entregarase un boleto a cada lector que leve en préstamo 3 documentos en lingua galega.
  • Realizaranse dous sorteos, un na sala infantil e outro na sala de adultos, o luns 20 de maio ás 17.00 h.

Aquí vos deixo un enlace a unha Guía moi completa feita pola Biblioteca de Estudos Locais sobre a obra e a figura do dramaturgo homenaxeado:  Guía de Lectura Roberto Vidal Bolaño

Encontro coa coautora de «Crímenes exquisitos», Nieves Abarca, na Biblioteca Fórum

16 Abr

crimenes exquisitosO vindeiro xoves, 18 de abril, ás 19.30 h a Biblioteca do Fórum Metropolitano organiza un encontro coa escritora coruñesa Nieves Abarca,autora do libro Crímenes exquisitos publicado e presentado pola editorial Versátil no ano 2012.

Nieves Abarca é coautora, xunto a Vicente Garrido deste libro no que se narra a historia do peculiar crime de Lidia Naveira, unha moza galega que desaparece unha mañá de xuño antes de ir á clase. A primeira ollada, unha historia dun asasinato coma outro calquera. Pero non é así. A novela está case integramente ambientada na cidade de Coruña e os seus arredores.

A escritora coruñesa estudou Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela. É Máster en Xornalismo pola UOC e especialista en Perfís criminais. Traballou en diversos medios medios de comunicación na Coruña e Ponferrada. Durante trece anos traballou nun cuartel da Policía local do Concello da Coruña. É unha lectora incansable da novela negra e criminal.

Booktrailer de Crímenes exquisitos

Presentación de “As voces baixas” de Manuel Rivas na Biblioteca Municipal de Estudos Locais

14 Oct

O vindeiro mércores 17 de outubro ás 20:00 h presentarase o libro As voces baixas na Biblioteca Municipal de Estudos Locais. No acto participarán X. L. Méndez Ferrín, Manuel Bragado e o propio Manuel Rivas.

As voces baixas, publicada por Xerais, trátase dunha obra intimista que arrinca da memoria do autor. En palabras de Rivas é a novela da vida, é a vida contando historias, é a memoria das voces baixas da xente que coñecín.

Manuel Rivas naceu na Coruña en 1957 e é autor de obras de enorme éxito como Que me queres, amor? (1996) ou O lápiz do carpinteiro (1999).

Biblioteca Municipal de Estudos Locais – Rúa Durán Loriga, 10-1º, 15003 A Coruña. Teléfono: 981 184 386 – Fax: 981 184 385 – mail: bestudiosl@coruna.es