Archivo | Casa de muñecas RSS feed for this section

Hedda Gabler: unha muller tremendamente covarde e insatisfeita

19 May

Hedda Gabler 2012Tócanos, agora, enfrontarnos a Hedda, a bela Hedda (atención á descrición: muller de 29 anos. Rostro e figura distinguidos Pel de palidez mate. Ollos grises de aceiro e expresión de fría serenidade), unha muller de armas tomar (nunca mellor dito). Ocórrenseme numerosos adxectivos para describila: fría, calculadora, mentireira, egoísta, conspiradora, incapaz de amar a ninguén, manipuladora, insatisfeita, cruel, enganadora, covarde, caprichosa, seca, antipática, ociosa e aburrida: non ten nada que facer nin parece interesarlle nada (Muchas veces pienso que sólo tengo inclinación hacia una cosa en el mundo […] a aburrirme de muerte). Hedda Gabler vai pola vida provocando a ruína da xente ata que, finalmente, se a provoca a ela mesma. Eu creo que non podería haber outro final para a terrible Hedda que o suicidio. Cústame encontrale a esta muller algo positivo e tamén me custa sentir compaixón por ela. Non sei se vos pasa a vós o mesmo. Creo que os adxectivos que mellor a definen, e a través dos cales podemos afondar nos seus motivos, son covarde e insatisfeita. Cando Lovborg lle di: Sí, Hedda, es usted cobarde en el fondo, ela afirma: Tremendamente cobarde. Ou cando lle contesta á señora Elvsted: ¿Desear? ¿Yo? ¿Estás loca?

Non a podo comparar a Nora, no seu caso os motivos da súa última acción están claros, non é unha muller que nos produza rexeitamento en absoluto senón comprensión. Que opinades vós sobre Hedda? Credes que teño razón ou que pola contra estou equivocada? Teño intentando encontrar motivos para o seu proceder pero cústame. É certo que ao final cando se ve en mans de Brack, que lle fai chantaxe, ela afirma: En su poder, de todas formas. Dependiendo de su voluntad y deseos. Esclava. ¡Esclava! ¡No… no puedo hacerme a la idea! ¡Jamás!, e minutos despois pon fin á súa vida (resalto aquí a última frase da obra: ¡Por Dios… eso no se hace!, proferida por Brack, coa que quizais Ibsen quixo quitarlle ferro ou darlle un aire de vodevil a toda a carga de drama e pesimismo da obra, ou, simplemente, só quixo recalcar a personalidade frívola do xuíz ao que se lle acaban de chafar os plans. Que opinades vós desta frase final?). Credes que nesa frase de Hedda podemos vislumbrar unha alma libre? A min cústame crelo. Ela fixo sempre o que lle deu a gana, é rica, guapa, se aburre, non encontra ningún sentido á súa vida ociosa e é «tremendamente covarde» como para lanzarse á busca dunha vida plena e satisfeita (todo o contrario de Nora). Ante a perspectiva de vivir sometida aos caprichos e manexos de Brack (nos que queda claro que quere ser o seu amante) e renunciar á manipulación e conspiración que foi a súa vida ata agora (e que é o único que lle dá sentido), non pode soportalo e se suicida. Pero esa situación só ela a provocou, ela é a única culpable cos seus manexos de todo o que aconteceu. Tamén sabemos que a única persoa que lle interesou na vida foi Lovborg pero que non tivo os suficientes arrestos como para poder vivir esa paixón (de novo covarde). Nese acto podemos entender un pouco á pobre Hedda, vítima da súa propia covardía e insatisfacción.

Hedda Gabler estreouse en Múnic en 1891 e, como Casa de muñecas, pero por outros motivos, foi moi criticada a causa desa protagonista sen escrúpulos. O público e a crítica non souberon ver a complexidade psicolóxica e social do drama, porque que o personaxe de Hedda nos produza rexeitamento non impide que a obra sexa soberbia no retrato desta muller na que se unen unha refinada maldade e unha intelixencia notable, aínda que a poña ao servizo de actos deleznables. Os personaxes de Ibsen son sempre complexos, moitas veces, este é o caso, cunha ambigua moralidade. A obra pertence á súa última etapa: a simbólica, na que Ibsen utiliza ao máximo o recurso da conversión do obxecto en símbolo (as zapatillas de Tesman, o sombreiro de tía Juli, o manuscrito de Lovborg, as pistolas…). É, tamén, un retrato magnífico da sociedade de finais do século XIX onde se dá un drama social de clases: a alta (que non sae moi ben parada) e a máis modesta (na que todos son boas persoas). Ambas as dúas clases non se chegan a comprender nunca, permanecen en dúas esferas que non se tocan. A mestura é imposible, e, co suicidio de Hedda, mentres os bos de Tesman e a señora Elvsted se afanan en traballar xuntos, Ibsen toma partido por estes últimos e parece dicirnos que o futuro pertence aos humildes.
Hai moitas cousas que comentar sobre esta obra tan complexa. Sobre o seu protagonista e os demais personaxes (como a valorosa e libre señora Elvsted). É a vosa quenda. Espero que cos vosos comentarios poidamos afondar e polemizar sobre ela.

Nora: unha alondra engaiolada

8 May

Jaula del pajaroEn 1864 Ibsen abandonou Noruega debido ao ambiente luterano e conservador do seu país e iniciou un longo exilio, que durou 27 anos, nos que viviu en diversos lugares de Italia e Alemaña. Ao longo dese exilio voluntario Ibsen escribiu as súas principais obras dramáticas realistas e simbolistas entre as que se encontra Casa de muñecas e Hedda Gabler. Casa de muñecas, que foi escrita en Roma e en Amalfi e estreouse o 21 de decembro de 1879 no Teatro Real de Copenhaguen, pertence á etapa de realismo socio-crítico e converteuse na súa obra máis famosa. A estrea en Copenhaguen e, posteriormente, en gran parte dos países europeos xerou unha gran polémica. O público burgués da época viviuno como un ataque directo aos fundamentos da familia e ás normas que rexían o matrimonio do século XIX. Moitos críticos considérana a primeira obra teatral feminista. Representada por todo o mundo dende a súa estrea ata os nosos días foi levada tamén ao cine en varias ocasións.
Nora é unha muller alegre (Nora entra en la sala tarareando alegremente) que vive aparentemente feliz nun mundo pechado onde o seu marido, Helmer, é o dono e señor da súa vida (como antes o fora o seu pai). Helmer manexa o diñeiro (o motor fundamental da obra) e todos os demais aspectos que comprenden o seu pequeno mundo, incluído o que come (non lle gusta que coma amendoados e ela, en consecuencia, faino ás agachadas). Nora parece aceptar con agrado esta vida aínda máis se cabe agora que van facer director do banco ao seu marido polo que terán máis diñeiro e serán máis felices. Helmer a trata como a un nena chamándoa a miña alondra, o meu chorlito, o meu esquío… alcumes que a cosifican e a converten no seu xoguete o cal pode manexar o seu antollo. Esta é a situación de partida.

Pero nunha visita que lle fai a señora Linde, unha antiga amiga, Nora, despois de que esta a acuse de ser unha nena, confésalle algo do que se sente moi orgullosa e satisfeita: ter salvada a vida a Helmer nun momento que estaba moi enfermo e necesitaba pasar unha tempada no sur. É o seu gran segredo que fixo xenerosamente por amor. Dunha forma inconsciente, polas súas posibles consecuencias como máis adiante veremos, e que lle fai sentirse «maior», pediu un préstamo para custear a estanza no sur. Ao marido dille que pediu o diñeiro ao seu pai. Para poder facelo, falsificou a firma deste, que morrera tres días antes, que figura como fíador do préstamo. Nora ten que ir devolvendo o diñeiro quitándollo dos seus gastos persoais e facendo algún que outro traballo ás costas do seu marido: no dejaba de ser emocionante el estar trabajando y ganando dinero. Era casi como ser un hombre. Pero os problemas comezan cando o prestamista, Krogstad, un home moralmente podrido hasta las raíces, en palabras do doutor Rank, se presenta pedindo un ascenso no Banco para recuperar a súa reputación e, ante a negativa do marido, Krogstad chantaxea a Nora ameazándoa con dicilo todo a Helmer (mesmo, e sobre todo, o da firma falsificada), se ela non intercede por el: si pierdo mi posición por segunda vez, se hundirá usted conmigo. A traxedia, polo tanto, está servida. A partir de aí os feitos sucédense rápidos e cun ritmo crecente e con eles a evolución de Nora que pasa de ser unha nena caprichosa e sometida ao marido a unha muller madura que finalmente adquire consciencia da realidade da súa vida obrando en consecuencia. Algo desa Nora madura ten que estar xa dentro dela pois se non, non se entendería o seu acto final propio de alguén que pasa, en moi pouco tempo, de ser una moneca manipulable a unha muller que toma as rendas da súa vida.

Nora intenta salvar a situación de varias maneiras (ata se lle pasa pola cabeza o suicidio) para que quede limpo o bo nome do seu marido, pero todas fracasan ata que se precipita o final no que Helmer, ao decatarse de todo, se comporta dun xeito ruín e egoísta xa que antes de nada quere salvar as aparencias. E aínda que as cousas ao final se arranxan para Nora xa é demasiado tarde: viu claro o que realmente significa para o seu marido e que non valora en absoluto o que fixo por el. Nora comprende por fin a ficción e a mentira que son a súa vida e o seu matrimonio: Sí, ahora comienzo a comprenderlo de verdad. Quítase o disfrace (o de verdade e o simbólico) e comeza a falar: No me entiendes. Y yo tampoco te he entendido nunca… hasta esta noche […] Llevamos ocho años de casados. ¿No te das cuenta que es la primera vez que nosotros dos, tú y yo, marido y mujer hablamos seriamente? […] No hemos intentado nunca seriamente llegar al fondo de un asunto […] Nunca me habéis querido. Tan sólo os parecía divertido el quererme […] En casa, papá me comunicaba todas sus opiniones, con lo que yo tenía las mismas; y caso de tener otras, las ocultaba; porque no hubieran sido de su agrado. Me llamaba su muñequita, y jugaba conmigo, lo mismo que yo jugaba con mis muñecas  […] Pasé de manos de papá a las stuyas. Lo dispusiste todo a tu gusto, y yo adquiré el mismo gusto que tú; o lo fingía; no sé exactamente… creo que las dos cosas; tan pronto una como la otra. Cuando ahora pienso en ello, me parece hber vivido aquí como una pobre… al día. He vivido de hacer gracias para ti, Torvald. Pero eso era lo que tú querías. Tú y papá me habéis causado un gran daño. Sois culpables de que no sea nada […] Tengo que educarme a mí misma. Tú no sirves para ayudarme. Tengo que hacerlo sola. Por eso te dejo […] En mi vida me he sentido con la mente mas lúcida y más segura que esta noche […] Ya no te quiero […].

Verdadeiramente revolucionario para a época! Non credes? En só sete páxinas todo salta polos aires. O crescendo é total e as palabras de Nora chégannos ao máis fondo (mesmo hoxe en día. Habería moito de que falar sobre isto), os papeis cambiáronse e o marido queda convertido nun monicreque incapaz de reaccionar e agarrándose a un milagre. Credes que se vai producir o maior milagre? Cando a Ibsen se lle preguntou se cría que Nora volvería ao fogar, contestou: «Eu que sei».
É hora de que deixedes os vosos comentarios sobre Casa de muñecas. Algúns xa empezastes a facelo. Continuemos pois falando desta fascinante liberación feminina acontecida a finais do século XIX.

Prazos
Durante unha semana-dez días comentaremos a primeira obra do libro e leremos a segunda: Hedda Gabler.

Casa de muñecas e Hedda Gabler: dous dramas complexos adiantados ao seu tempo

27 Abr

Henrik Ibsen, 1887

Encontrámonos neste libro con dúas obras claves de Henrik Ibsen (1828-1906), o máis importante dramaturgo noruegués e pai do drama realista moderno que, ademais, na súa última época foi un antecesor do teatro simbólico. Aínda que na súa primeira etapa como escritor cultivou o teatro romántico propio da época – Brand (1866) e Peer Gynt (1868), dous dramas en verso de afirmación nacionalista inspirados na tradición norueguesa- as súas principais obras representan o final deste tipo de melodrama dando paso ao teatro realista no que aborda os problemas sociais do seu tempo. As estreas das súas obras convertéronse en grandes escándalos xa que Ibsen cuestionaba os fundamentos da sociedade burguesa dominante na súa célula esencial: a familia e, indo aínda máis alá, no papel da muller nela. Casa de muñecas (1879) pertence a esta segunda etapa de realismo socio-crítico. Hedda Gabler (1890) pertence á súa terceira e última etapa na que se interna nos camiños moito máis complexos do teatro simbólico. Nun mundo no que o home (e en extensión o marido) era o representante da autoridade e principal protagonista da sociedade, que dúas mulleres, Nora Helmer e Hedda Gabler, fosen protagonistas de senllos dramas dun dos dramaturgos máis importantes da época resultou todo un revulsivo para a sociedade. O público reaccionou con rexeitamento e desconcerto, xa que, ademais estas mulleres non son un modelo de virtudes senón que son contraditorias, mentireiras, inmaturas, conflitivas… sobre todo a destrutiva, superficial e covarde Hedda Gabler. Unha das características dos personaxes ibsenianos é que son complexos, ofrecendo moitas facetas e aspectos, non son brancos nin negros, non hai maniqueísmo, poden pasar dunha postura a outra oposta, son ambiguos moral e psicoloxicamente. A postura que Ibsen tiña respecto á muller era moi adiantada para o seu tempo. Criticaba o papel que se lle tiña outorgado na sociedade de mera nai e esposa submisa. Defendía a súa autonomía e a súa busca de liberdade e independencia. Nun estudo que escribiu en 1878 titulado «Notas para a traxedia actual» afirmaba: existen dous tipos de código moral, dous tipos de conciencia, un no home e outro completamente diferente na muller. Non se entenden entre si; pero a muller é xulgada na vida práctica segundo a lei do home […] Unha muller non pode ser autenticamente ela mesma na sociedade actual, que é unha sociedade exclusivamente masculina, con leis escritas polos homes, con fiscais e xuíces que condenan a conduta da muller dende un punto de vista masculino. Unha postura realmente revolucionaria para a época. Como revolucionarias foron estas dúas obras no seu momento. Apenas comezara o movemento sufraxista aínda que aires revolucionarios sacudían xa Europa. Ibsen foi un dos autores máis polémicos do século XIX que se adiantou ao seu tempo. Nas súas obras criticou a unha sociedade burguesa chea de prexuízos. As súas obras afondaban na psicoloxía dos seus personaxes, especialmente os femininos, moi ricos en matices. Por estes motivos, o seu teatro é dunha grande actualidade representándose con grande asiduidade nos nosos días. Sen ir máis lonxe, hai pouco foi estreada en España unha versión de Hedda Gabler do Teatro Lliure.

Nora e o seu portazo final convertéronse en bandeira da loita pola emancipación da muller pero tamén nun escándalo sen precedentes de tal maneira que Ibsen tivo que cambiar o final da obra nalgunhas ocasións. A toma de postura ante o comportamento de Nora foi, e é, inevitable. Podemos velo como un acto de valentía, como un medio para lograr a súa autonomía persoal, ou ben como unha decisión precipitada e escandalosa. O mesmo sucede ante proceder de Hedda Gabler. Custa poñerse do seu lado xa que a fermosa Hedda é refinadamente cruel no seu comportamento. Unha muller insatisfeita que se aburre e que destrúe a vida dos demais. Xa haberá tempo para comentar os motivos do seu proceder, pois a súa personalidade é complexa, máis aínda que a de Nora. Pero se algo caracteriza estas dúas mulleres é a fidelidade a si mesmas, con todas as consecuencias. Non quero adiantar nada da trama das dúas obras pois podería desvelar moitos aspectos claves que comentaremos no seu debido momento. Ambas as dúas pezas son intensas en acontecementos moitas veces entrelazados con retrocesos ao pasado que explican o proceder das protagonistas.

Prazos

Imos dividir a lectura en dúas partes. Primeiro leremos na súa totalidade Casa de muñecas para despois facer o mesmo con Hedda Gabler. Son dúas obras densas en contido e requiren unha detallada lectura para poder comentar axeitadamente todos os seus aspectos. Por ese motivo dedicaremos uns dez días á lectura e comentarios de cada unha.