As Bibliotecas Municipais celebramos o Día das Letras Galegas 2013 con programación en cada unha nosas bibliotecas para homenaxear a Roberto Vidal Bolaño.
Selección de obras de Roberto Vidal Bolaño
Ao longo do mes de maio as nosas bibliotecas contarán cunha selección e exposición de material bibliográfico e audiovisual relacionado co dramaturgo Vidal Bolaño: a súa vida e a súa obra.
Como seleccións complementarias: o teatro galego e as obras máis representativas, autores homenaxeados en anos anteriores e unha mostra de obras de teatro infantil na Biblioteca Infantil e Xuvenil.
Todo iso para mirar na biblioteca ou levalo en préstamo.
Sorteo de lote de libros
A Biblioteca Forum Metropolitano sorteará entre os usuarios e usuarias un lote de libros en galego.
Para participar:
- Do 3 ao 20 de maio entregarase un boleto a cada lector que leve en préstamo 3 documentos en lingua galega.
- Realizaranse dous sorteos, un na sala infantil e outro na sala de adultos, o luns 20 de maio ás 17.00 h.
Aquí vos deixo un enlace a unha Guía moi completa feita pola Biblioteca de Estudos Locais sobre a obra e a figura do dramaturgo homenaxeado: Guía de Lectura Roberto Vidal Bolaño
Has dicho: