Archivo | 16:57

Axúdanos a mellorar

23 Mar

A túa opinión importanos, por iso dende as Bibliotecas Municipais da Coruña solicitamos a túa colaboración contestando ao noso cuestionario de satisfacción para saber en qué podemos mellorar.

En agradecemento á túa participación, se o desexas indícanos ao finalizar a enquisa o teu correo electrónico e poderás conseguir un dos lotes de libros, DVD e CD, que se sortearán entre aquelas persoas que cubrísedes a enquisa.