Archivo | 20:42

Presentación de “As voces baixas” de Manuel Rivas na Biblioteca Municipal de Estudos Locais

14 Oct

O vindeiro mércores 17 de outubro ás 20:00 h presentarase o libro As voces baixas na Biblioteca Municipal de Estudos Locais. No acto participarán X. L. Méndez Ferrín, Manuel Bragado e o propio Manuel Rivas.

As voces baixas, publicada por Xerais, trátase dunha obra intimista que arrinca da memoria do autor. En palabras de Rivas é a novela da vida, é a vida contando historias, é a memoria das voces baixas da xente que coñecín.

Manuel Rivas naceu na Coruña en 1957 e é autor de obras de enorme éxito como Que me queres, amor? (1996) ou O lápiz do carpinteiro (1999).

Biblioteca Municipal de Estudos Locais – Rúa Durán Loriga, 10-1º, 15003 A Coruña. Teléfono: 981 184 386 – Fax: 981 184 385 – mail: bestudiosl@coruna.es