Archivo | mayo, 2012

Hedda Gabler: unha muller tremendamente covarde e insatisfeita

19 May

Hedda Gabler 2012Tócanos, agora, enfrontarnos a Hedda, a bela Hedda (atención á descrición: muller de 29 anos. Rostro e figura distinguidos Pel de palidez mate. Ollos grises de aceiro e expresión de fría serenidade), unha muller de armas tomar (nunca mellor dito). Ocórrenseme numerosos adxectivos para describila: fría, calculadora, mentireira, egoísta, conspiradora, incapaz de amar a ninguén, manipuladora, insatisfeita, cruel, enganadora, covarde, caprichosa, seca, antipática, ociosa e aburrida: non ten nada que facer nin parece interesarlle nada (Muchas veces pienso que sólo tengo inclinación hacia una cosa en el mundo […] a aburrirme de muerte). Hedda Gabler vai pola vida provocando a ruína da xente ata que, finalmente, se a provoca a ela mesma. Eu creo que non podería haber outro final para a terrible Hedda que o suicidio. Cústame encontrale a esta muller algo positivo e tamén me custa sentir compaixón por ela. Non sei se vos pasa a vós o mesmo. Creo que os adxectivos que mellor a definen, e a través dos cales podemos afondar nos seus motivos, son covarde e insatisfeita. Cando Lovborg lle di: Sí, Hedda, es usted cobarde en el fondo, ela afirma: Tremendamente cobarde. Ou cando lle contesta á señora Elvsted: ¿Desear? ¿Yo? ¿Estás loca?

Non a podo comparar a Nora, no seu caso os motivos da súa última acción están claros, non é unha muller que nos produza rexeitamento en absoluto senón comprensión. Que opinades vós sobre Hedda? Credes que teño razón ou que pola contra estou equivocada? Teño intentando encontrar motivos para o seu proceder pero cústame. É certo que ao final cando se ve en mans de Brack, que lle fai chantaxe, ela afirma: En su poder, de todas formas. Dependiendo de su voluntad y deseos. Esclava. ¡Esclava! ¡No… no puedo hacerme a la idea! ¡Jamás!, e minutos despois pon fin á súa vida (resalto aquí a última frase da obra: ¡Por Dios… eso no se hace!, proferida por Brack, coa que quizais Ibsen quixo quitarlle ferro ou darlle un aire de vodevil a toda a carga de drama e pesimismo da obra, ou, simplemente, só quixo recalcar a personalidade frívola do xuíz ao que se lle acaban de chafar os plans. Que opinades vós desta frase final?). Credes que nesa frase de Hedda podemos vislumbrar unha alma libre? A min cústame crelo. Ela fixo sempre o que lle deu a gana, é rica, guapa, se aburre, non encontra ningún sentido á súa vida ociosa e é «tremendamente covarde» como para lanzarse á busca dunha vida plena e satisfeita (todo o contrario de Nora). Ante a perspectiva de vivir sometida aos caprichos e manexos de Brack (nos que queda claro que quere ser o seu amante) e renunciar á manipulación e conspiración que foi a súa vida ata agora (e que é o único que lle dá sentido), non pode soportalo e se suicida. Pero esa situación só ela a provocou, ela é a única culpable cos seus manexos de todo o que aconteceu. Tamén sabemos que a única persoa que lle interesou na vida foi Lovborg pero que non tivo os suficientes arrestos como para poder vivir esa paixón (de novo covarde). Nese acto podemos entender un pouco á pobre Hedda, vítima da súa propia covardía e insatisfacción.

Hedda Gabler estreouse en Múnic en 1891 e, como Casa de muñecas, pero por outros motivos, foi moi criticada a causa desa protagonista sen escrúpulos. O público e a crítica non souberon ver a complexidade psicolóxica e social do drama, porque que o personaxe de Hedda nos produza rexeitamento non impide que a obra sexa soberbia no retrato desta muller na que se unen unha refinada maldade e unha intelixencia notable, aínda que a poña ao servizo de actos deleznables. Os personaxes de Ibsen son sempre complexos, moitas veces, este é o caso, cunha ambigua moralidade. A obra pertence á súa última etapa: a simbólica, na que Ibsen utiliza ao máximo o recurso da conversión do obxecto en símbolo (as zapatillas de Tesman, o sombreiro de tía Juli, o manuscrito de Lovborg, as pistolas…). É, tamén, un retrato magnífico da sociedade de finais do século XIX onde se dá un drama social de clases: a alta (que non sae moi ben parada) e a máis modesta (na que todos son boas persoas). Ambas as dúas clases non se chegan a comprender nunca, permanecen en dúas esferas que non se tocan. A mestura é imposible, e, co suicidio de Hedda, mentres os bos de Tesman e a señora Elvsted se afanan en traballar xuntos, Ibsen toma partido por estes últimos e parece dicirnos que o futuro pertence aos humildes.
Hai moitas cousas que comentar sobre esta obra tan complexa. Sobre o seu protagonista e os demais personaxes (como a valorosa e libre señora Elvsted). É a vosa quenda. Espero que cos vosos comentarios poidamos afondar e polemizar sobre ela.

Día das Letras Galegas 2012 nas Bibliotecas Municipais

14 May
As Bibliotecas Municipais únense á celebración do Día das Letras Galegas con moitas e diversas actividades arredor de Valentín Paz-Andrade.O polifacético escritor Valentín Paz Andrade é o homenaxeado este ano na conmemoración das letras galegas. Arredor desta celebración as Bibliotecas Municipais da Coruña están a desenvolver diversas actividades:

LEO PARA TI

O día 16 de maio a partir das 19.00 h realizarase en todas as bibliotecas municipais un acto de lectura colectiva no que poderás participar inscribíndote dende agora en calquera das bibliotecas municipais.

– Publicación dunha guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais

– Presentación do libro «O enigma dos nove sepulcros» na Btca. Municipal Ágora de María Acosta. (Martes 15 de maio ás 20.00 h)

– Mitos e monstros de Galicia: encontro con Antonio Reigosa na Btca. Municipal Sagrada Familia (16 maio, 19.30 h)

Enmarcado nos actos conmemorativos arredor do Día das Letras Galegas e para clausurar a temporada do Club dos 7 Medos, a Biblioteca Sagrada Familia quere mostrarlle ao público a Galicia máis popular e misteriosa. Da man de Antonio Reigosa, estudoso e divulgador dos mitos e costumes da nosa terra, ofrécenos unha grande oportunidade para coñecer a extensa riqueza do imaxinario popular galego.

– Recital na Btca. Municipal Infantil e Xuvenil (16 de maio, 20.00 h)

Recital de poesía a cargo de María López Pousa e Moises Fernández Álvarez: Jovenessintalento II. que recitarán textos da súa propia colleita ademais doutros autores como Lois Pereiro ou do homenaxeado Paz Andrade. O recital estará acompañado en todo momento con música composta por estes jóvenessintalento e comprobarás que o seu nome artístico non fai xustiza á realidade.

Mostra bibliográfica na Btca. Municipal Sagrada Familia

A Biblioteca Municipal Sagrada Familia dedícalle unha mostra á obra e a traxectoria vital desta personalidade. Ademais de poeta, con obras aínda inéditas como Canto do pobo disperso (1955), foi un prolífico ensaísta económico, pesqueiro e literario. Destacan as súas biografías sobre dous dos seus personaxes favoritos como foron Castelao, ou Joãou Guimarâes Ros. Intensa e relevante tamén foi a súa actividade en defensa e promoción da cultura galega. Ao mesmo tempo, a biblioteca presenta unha nutrida selección de escritores e escritoras do panorama actual da literatura en galego, na que destacan autores como Fran Alonso, Chus Pato, Ramiro Fonte etc. Dende o día 11 de maio ata o día 31 todos os usuarios e usuarias da biblioteca teñen unha cita coa literatura en galego.

– Mostra bibliográfica na Btca. Municipal Fórum Metropolitano

Mostraremos todas as súas facetas: o poeta, o político, empresario; o seu paso polo cárcere, a súa relación coas Irmandades da Fala, os seus amigos (Castelao, Fernández del Riego, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo e un longo etc). Todo iso a través dos seus escritos e das súas cartas.

– Mostra bibliográfica na Btca. Municipal Ágora

– Mostra bibliográfica na Btca. Municipal Rosales

Este ano na Biblioteca Municipal Os Rosales recordamos escritores que foron homenaxeados o día 17 de maio, Día das Letras Galegas. Achégate a descubrir as súas obras e goza ademais dunha mostra de libros recentemente chegados á biblioteca de autores galegos. Ademais, por suposto, coñeceremos un pouco máis o homenaxeado deste ano, Valentín Paz Andrade. Se decides pasarte non esquezas deixarnos a túa palabra favorita en galego. Xuntos faremos unha gran nube de palabras recompilando algunhas das palabras máis fermosas que ten a nosa lingua.

Nora: unha alondra engaiolada

8 May

Jaula del pajaroEn 1864 Ibsen abandonou Noruega debido ao ambiente luterano e conservador do seu país e iniciou un longo exilio, que durou 27 anos, nos que viviu en diversos lugares de Italia e Alemaña. Ao longo dese exilio voluntario Ibsen escribiu as súas principais obras dramáticas realistas e simbolistas entre as que se encontra Casa de muñecas e Hedda Gabler. Casa de muñecas, que foi escrita en Roma e en Amalfi e estreouse o 21 de decembro de 1879 no Teatro Real de Copenhaguen, pertence á etapa de realismo socio-crítico e converteuse na súa obra máis famosa. A estrea en Copenhaguen e, posteriormente, en gran parte dos países europeos xerou unha gran polémica. O público burgués da época viviuno como un ataque directo aos fundamentos da familia e ás normas que rexían o matrimonio do século XIX. Moitos críticos considérana a primeira obra teatral feminista. Representada por todo o mundo dende a súa estrea ata os nosos días foi levada tamén ao cine en varias ocasións.
Nora é unha muller alegre (Nora entra en la sala tarareando alegremente) que vive aparentemente feliz nun mundo pechado onde o seu marido, Helmer, é o dono e señor da súa vida (como antes o fora o seu pai). Helmer manexa o diñeiro (o motor fundamental da obra) e todos os demais aspectos que comprenden o seu pequeno mundo, incluído o que come (non lle gusta que coma amendoados e ela, en consecuencia, faino ás agachadas). Nora parece aceptar con agrado esta vida aínda máis se cabe agora que van facer director do banco ao seu marido polo que terán máis diñeiro e serán máis felices. Helmer a trata como a un nena chamándoa a miña alondra, o meu chorlito, o meu esquío… alcumes que a cosifican e a converten no seu xoguete o cal pode manexar o seu antollo. Esta é a situación de partida.

Pero nunha visita que lle fai a señora Linde, unha antiga amiga, Nora, despois de que esta a acuse de ser unha nena, confésalle algo do que se sente moi orgullosa e satisfeita: ter salvada a vida a Helmer nun momento que estaba moi enfermo e necesitaba pasar unha tempada no sur. É o seu gran segredo que fixo xenerosamente por amor. Dunha forma inconsciente, polas súas posibles consecuencias como máis adiante veremos, e que lle fai sentirse «maior», pediu un préstamo para custear a estanza no sur. Ao marido dille que pediu o diñeiro ao seu pai. Para poder facelo, falsificou a firma deste, que morrera tres días antes, que figura como fíador do préstamo. Nora ten que ir devolvendo o diñeiro quitándollo dos seus gastos persoais e facendo algún que outro traballo ás costas do seu marido: no dejaba de ser emocionante el estar trabajando y ganando dinero. Era casi como ser un hombre. Pero os problemas comezan cando o prestamista, Krogstad, un home moralmente podrido hasta las raíces, en palabras do doutor Rank, se presenta pedindo un ascenso no Banco para recuperar a súa reputación e, ante a negativa do marido, Krogstad chantaxea a Nora ameazándoa con dicilo todo a Helmer (mesmo, e sobre todo, o da firma falsificada), se ela non intercede por el: si pierdo mi posición por segunda vez, se hundirá usted conmigo. A traxedia, polo tanto, está servida. A partir de aí os feitos sucédense rápidos e cun ritmo crecente e con eles a evolución de Nora que pasa de ser unha nena caprichosa e sometida ao marido a unha muller madura que finalmente adquire consciencia da realidade da súa vida obrando en consecuencia. Algo desa Nora madura ten que estar xa dentro dela pois se non, non se entendería o seu acto final propio de alguén que pasa, en moi pouco tempo, de ser una moneca manipulable a unha muller que toma as rendas da súa vida.

Nora intenta salvar a situación de varias maneiras (ata se lle pasa pola cabeza o suicidio) para que quede limpo o bo nome do seu marido, pero todas fracasan ata que se precipita o final no que Helmer, ao decatarse de todo, se comporta dun xeito ruín e egoísta xa que antes de nada quere salvar as aparencias. E aínda que as cousas ao final se arranxan para Nora xa é demasiado tarde: viu claro o que realmente significa para o seu marido e que non valora en absoluto o que fixo por el. Nora comprende por fin a ficción e a mentira que son a súa vida e o seu matrimonio: Sí, ahora comienzo a comprenderlo de verdad. Quítase o disfrace (o de verdade e o simbólico) e comeza a falar: No me entiendes. Y yo tampoco te he entendido nunca… hasta esta noche […] Llevamos ocho años de casados. ¿No te das cuenta que es la primera vez que nosotros dos, tú y yo, marido y mujer hablamos seriamente? […] No hemos intentado nunca seriamente llegar al fondo de un asunto […] Nunca me habéis querido. Tan sólo os parecía divertido el quererme […] En casa, papá me comunicaba todas sus opiniones, con lo que yo tenía las mismas; y caso de tener otras, las ocultaba; porque no hubieran sido de su agrado. Me llamaba su muñequita, y jugaba conmigo, lo mismo que yo jugaba con mis muñecas  […] Pasé de manos de papá a las stuyas. Lo dispusiste todo a tu gusto, y yo adquiré el mismo gusto que tú; o lo fingía; no sé exactamente… creo que las dos cosas; tan pronto una como la otra. Cuando ahora pienso en ello, me parece hber vivido aquí como una pobre… al día. He vivido de hacer gracias para ti, Torvald. Pero eso era lo que tú querías. Tú y papá me habéis causado un gran daño. Sois culpables de que no sea nada […] Tengo que educarme a mí misma. Tú no sirves para ayudarme. Tengo que hacerlo sola. Por eso te dejo […] En mi vida me he sentido con la mente mas lúcida y más segura que esta noche […] Ya no te quiero […].

Verdadeiramente revolucionario para a época! Non credes? En só sete páxinas todo salta polos aires. O crescendo é total e as palabras de Nora chégannos ao máis fondo (mesmo hoxe en día. Habería moito de que falar sobre isto), os papeis cambiáronse e o marido queda convertido nun monicreque incapaz de reaccionar e agarrándose a un milagre. Credes que se vai producir o maior milagre? Cando a Ibsen se lle preguntou se cría que Nora volvería ao fogar, contestou: «Eu que sei».
É hora de que deixedes os vosos comentarios sobre Casa de muñecas. Algúns xa empezastes a facelo. Continuemos pois falando desta fascinante liberación feminina acontecida a finais do século XIX.

Prazos
Durante unha semana-dez días comentaremos a primeira obra do libro e leremos a segunda: Hedda Gabler.