Archivo | abril, 2012

Casa de muñecas e Hedda Gabler: dous dramas complexos adiantados ao seu tempo

27 Abr

Henrik Ibsen, 1887

Encontrámonos neste libro con dúas obras claves de Henrik Ibsen (1828-1906), o máis importante dramaturgo noruegués e pai do drama realista moderno que, ademais, na súa última época foi un antecesor do teatro simbólico. Aínda que na súa primeira etapa como escritor cultivou o teatro romántico propio da época – Brand (1866) e Peer Gynt (1868), dous dramas en verso de afirmación nacionalista inspirados na tradición norueguesa- as súas principais obras representan o final deste tipo de melodrama dando paso ao teatro realista no que aborda os problemas sociais do seu tempo. As estreas das súas obras convertéronse en grandes escándalos xa que Ibsen cuestionaba os fundamentos da sociedade burguesa dominante na súa célula esencial: a familia e, indo aínda máis alá, no papel da muller nela. Casa de muñecas (1879) pertence a esta segunda etapa de realismo socio-crítico. Hedda Gabler (1890) pertence á súa terceira e última etapa na que se interna nos camiños moito máis complexos do teatro simbólico. Nun mundo no que o home (e en extensión o marido) era o representante da autoridade e principal protagonista da sociedade, que dúas mulleres, Nora Helmer e Hedda Gabler, fosen protagonistas de senllos dramas dun dos dramaturgos máis importantes da época resultou todo un revulsivo para a sociedade. O público reaccionou con rexeitamento e desconcerto, xa que, ademais estas mulleres non son un modelo de virtudes senón que son contraditorias, mentireiras, inmaturas, conflitivas… sobre todo a destrutiva, superficial e covarde Hedda Gabler. Unha das características dos personaxes ibsenianos é que son complexos, ofrecendo moitas facetas e aspectos, non son brancos nin negros, non hai maniqueísmo, poden pasar dunha postura a outra oposta, son ambiguos moral e psicoloxicamente. A postura que Ibsen tiña respecto á muller era moi adiantada para o seu tempo. Criticaba o papel que se lle tiña outorgado na sociedade de mera nai e esposa submisa. Defendía a súa autonomía e a súa busca de liberdade e independencia. Nun estudo que escribiu en 1878 titulado «Notas para a traxedia actual» afirmaba: existen dous tipos de código moral, dous tipos de conciencia, un no home e outro completamente diferente na muller. Non se entenden entre si; pero a muller é xulgada na vida práctica segundo a lei do home […] Unha muller non pode ser autenticamente ela mesma na sociedade actual, que é unha sociedade exclusivamente masculina, con leis escritas polos homes, con fiscais e xuíces que condenan a conduta da muller dende un punto de vista masculino. Unha postura realmente revolucionaria para a época. Como revolucionarias foron estas dúas obras no seu momento. Apenas comezara o movemento sufraxista aínda que aires revolucionarios sacudían xa Europa. Ibsen foi un dos autores máis polémicos do século XIX que se adiantou ao seu tempo. Nas súas obras criticou a unha sociedade burguesa chea de prexuízos. As súas obras afondaban na psicoloxía dos seus personaxes, especialmente os femininos, moi ricos en matices. Por estes motivos, o seu teatro é dunha grande actualidade representándose con grande asiduidade nos nosos días. Sen ir máis lonxe, hai pouco foi estreada en España unha versión de Hedda Gabler do Teatro Lliure.

Nora e o seu portazo final convertéronse en bandeira da loita pola emancipación da muller pero tamén nun escándalo sen precedentes de tal maneira que Ibsen tivo que cambiar o final da obra nalgunhas ocasións. A toma de postura ante o comportamento de Nora foi, e é, inevitable. Podemos velo como un acto de valentía, como un medio para lograr a súa autonomía persoal, ou ben como unha decisión precipitada e escandalosa. O mesmo sucede ante proceder de Hedda Gabler. Custa poñerse do seu lado xa que a fermosa Hedda é refinadamente cruel no seu comportamento. Unha muller insatisfeita que se aburre e que destrúe a vida dos demais. Xa haberá tempo para comentar os motivos do seu proceder, pois a súa personalidade é complexa, máis aínda que a de Nora. Pero se algo caracteriza estas dúas mulleres é a fidelidade a si mesmas, con todas as consecuencias. Non quero adiantar nada da trama das dúas obras pois podería desvelar moitos aspectos claves que comentaremos no seu debido momento. Ambas as dúas pezas son intensas en acontecementos moitas veces entrelazados con retrocesos ao pasado que explican o proceder das protagonistas.

Prazos

Imos dividir a lectura en dúas partes. Primeiro leremos na súa totalidade Casa de muñecas para despois facer o mesmo con Hedda Gabler. Son dúas obras densas en contido e requiren unha detallada lectura para poder comentar axeitadamente todos os seus aspectos. Por ese motivo dedicaremos uns dez días á lectura e comentarios de cada unha.

Hemos vuelto a renacer como el ave fénix

23 Abr

1101-Ave Fenix (Coruña)Como ya sabéis por Chus, el proveedor de nuestro blog blogsome ha desaparecido desde la semana pasada dejando de  prestar sus servicios sin ningún aviso previo. A pesar de que hemos intentado actuar con rapidez para solventar el problema, volver a poner un nuevo blog en marcha supone un tiempo considerable sobre todo teniendo en cuenta que el blog constituye la plataforma sobre la que se desarrolla nuestro Club virtual.

Pero ya estamos de vuelta y aunque nos queda mucho trabajo por hacer creemos que podemos seguir con nuestro club. Desgraciadamente hemos perdido todo el saber acumulado en las docenas de libros que hemos leído desde hace varios años.